Despois da gran acollida que tivo a Festa do Mar, o Concello de Poio continúa coas celebracións.
Esta vez é o turno da Festa da Ameixa de Campelo que celebra a súa 32 edición. Como é habitual, a gran festa inaugurarase cunha homenaxe aos doce mariscadores e mariscadoras xubilados durante o ano anterior para así continuar coa tradición de dedicar o primeiro día da festa, 13 de setembro, á xente do mar.
Ese mesmo día os tres finalistas do III Concurso de Fotografía Festa da Ameixa, recibirán o premio polas súas imaxes baixo o tema 'Un mar de Lembranzas'. Así mesmo, as 42 obras que participaron na competición expoñeranse na Carpa de Degustación Gastronómica ao longo da fin de semana.
Pola súa banda, as xornadas de degustación da ameixa babosa será o sábado 14 a partir das 12:30 horas e o domingo 15, días que se poderá degustar o bivalvo cociñado á mariñeira, con fideos e con arroz na Praza Granxa de Campelo.