Poio recibe, a través de Afundación, un lote de máscaras confeccionadas en Vigo

Poio
16 de abril 2020

O alcalde, Luciano Sobral, enviou unha carta para trasladar o seu agradecemento a esta institución, así como o seu recoñecemento e agarimo aos mozos e mozas que elaboraron de xeito desinteresado este material de protección. Todos eles son, segundo Sobral, un exemplo de mocidade "implicada e concienciada"

Máscaras doadas por Afundación á Policía Local de Poio
Máscaras doadas por Afundación á Policía Local de Poio / Concello de Poio

A Policía Local de Poio recolleu o pasado martes, na sucursal de Abanca de Combarro, un lote de máscaras confeccionadas por voluntarios do Colegio Hogar de Vigo.

Trátase dunha doazón altruísta realizada por Afundación, responsable deste centro.

O alcalde, Luciano Sobral, enviou unha carta para trasladar o seu agradecemento a esta institución, así como o seu recoñecemento e agarimo aos mozos e mozas que elaboraron de xeito desinteresado este material de protección.

Todos eles son, segundo Sobral, un exemplo de mocidade "implicada e concienciada".

O material será utilizado para reforzar o material de seguridade que xa utilizan de xeito habitual os integrantes do corpo de seguridade municipal.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora