Poio reforza os seus servizos sociais con dúas novas traballadoras

Poio
16 de xullo 2026

O Concello de Poio conta desde esta semana con dúas novas traballadoras sociais que se incorporan con praza fixa tras superar o correspondente proceso selectivo

Reunión coas traballadoras dos Servicios Sociais de Poio
Reunión coas traballadoras dos Servicios Sociais de Poio / Concello de Poio

Novo reforzo aos servizos sociais de Poio nunha semana na que o alcalde, Ángel Moldes, mantivo unha reunión coa conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, para abordar o funcionamento do Servizo de Atención no Fogar (SAF), un recurso que presta atención a 75 persoas no municipio

O encontro produciuse no Pazo de Besada e contou tamén coa presenza das tres traballadoras sociais do Concello e da concelleira de Benestar e Igualdade, Natividade Torres.

Durante esta reunión, o alcalde de Poio destacou a incorporación de dúas traballadoras que reforzan os servizos sociais da localidade.

Tras incorporarse con praza fixa tras superar o correspondente proceso selectivo, ambas formarán parte dun departamento que pasará a contar cunha profesional e tres traballadoras sociais.

Este feito, explican desde o goberno local, supón unha medida inédita no municipio que permitirá ofrecer unha mellor atención á veciñanza.

"Non só reforzamos de forma moi importante a prestación deste servizo á veciñanza, senón que ademais garantimos continuidade e estabilidade porque estas dúas traballadoras incorpóranse con praza fixa", subliñou Ángel Moldes.

Destacou, ademais, que este reforzo ao departamento permitirá reducir os tempos de espera e ofrecer un servizo máis eficaz ás persoas usuarias.

Por último, o alcalde resaltou que, ademais deste reforzo de persoal, o Concello impulsou en colaboración coa Xunta de Galicia novos recursos sociais como a posta en marcha da primeira unidade de atención temperá de Poio, destinada a nenos menores a seis anos.

"O noso compromiso coa asistencia social, coa mellora da calidade de vida e coas persoas é incuestionable", concluíu Ángel Moldes.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora