Poio reforzará o servizo de limpeza para garantir a seguridade durante os paseos dos nenos

Poio
24 de abril 2020

O Concello centrou os seus esforzos en manter as rúas das cinco parroquias  desinfectadas desde o inicio do estado de alarma e manterá o seu compromiso todo o tempo que sexa necesario

Persoal de limpeza e desinfección de calles do Concello de Poio (arquivo)
Persoal de limpeza e desinfección de calles do Concello de Poio (arquivo) / Concello de Poio

O Concello de Poio mantense firme nos traballos de contención da expansión da pademia do coronavirus a través dunha minusiosa campaña de limpeza que segue activa desde que se decretou o estado de alarma.

As actuacións nas cinco parroquias realízanse de forma regular e nos próximos días o goberno local terá a capacidade de aumentar o número de brigadas e as quendas de limpeza.

Esta incremento na periodicidade vén motivado pola decisión do Goberno central de permitir a saída controlada dos menores de 14 anos das súas vivendas. Por iso, os operarios das brigadas continuarán facendo especial fincapé na desinfección de rúas, mobiliario urbano e núcleos poboacionais.

O equipo de limpeza da vía pública fórmano catro cuadrillas da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo (Valoriza), unha brigada de voluntarios de Protección Civil, persoal do propio Concello e mesmo veciños que de modo altruísta achegan a súa colaboración con tractores para fumigar.

Informan desde o goberno local que "estes traballos continuarán levándose a cabo de xeito periódico todo o tempo que sexa preciso para garantir a seguridade da nosa veciñanza”, conclúen.