Poio rexistrou unha ocupación media nos seus hoteis do 86% durante o mes de agosto

Poio
04 de setembro 2014

As oficinas de turismo municipais recibiron a visita de 3.602 persoas durante a segunda quincena do mes. A ocupación durante a Festa do Mar acercouse ó 100%

Porto de Combarro, no Concello de Poio
Porto de Combarro, no Concello de Poio /

Satisfacción no Concello de Poio polo comportamento dos datos turísticos no mes de agosto no relativo a ocupación dos establecementos hoteleiros e tamén polas visitas rexistradas nas oficinas de información.

A ocupación media nos hoteis de Poio ascendeu ao 86% en agosto, o que supón un incremento con respecto ás cifras do pasado ano.

Durante a segunda quincena do mes a cifra descendeu ao 84%, cun total de 3.602 persoas que pasaron ademais pola rede de oficinas turísticas do municipio, o que fai un total 9.045 visitantes dende a súa apertura.

Segundo as encuentas realizadas o 92,88% dos visitantes son nacionais, cunha procedencia maioritaria de Madrid (23,12%) seguido de País Vasco (11,33%) e Cataluña (11,17%).

Os eventos desenvolvidos en Poio o pasado mes contribuíron a estes bos datos, cunha ocupación que no agunos establecementos se achegou ao 100% coincidindo coa XIV Festa do Mar de Combarro.