Poio solicita á Xunta marquesiñas en Albar e Raxó

Poio
25 de xaneiro 2021

O goberno local desexa instalar estes elementos par protexer aos escolares da choiva mentres esperan o autobús. O executivo municipal estuda tamén a instalación doutra parada en  Casalvito

Nova marquesiña en Raxó
Nova marquesiña en Raxó / Concello de Poio

O Concello de Poio dá traslado á Xunta de Galicia, a través do seu departamento de Obras e Servizos, dunha petición de autorización para instalar unha nova marquesiña na marxe esquerda da estrada PO-308, en dirección a Pontevedra, no lugar de Albar.

A intención do goberno local é ofrecer aos usuarios de transporte escolar que dispoñan dun espazo no que poder resgardarse da choiva.

Doutra banda, a tenente de alcalde, Chelo Besada, solicita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade dotar dunha nova marquesiña á parroquia de Raxó, na contorna da estación de servizo próxima ao núcleo da vila. 

Non é a primeira vez que o goberno local solicita esta invervención. Xa o fixeron no documento de alegacións á Xunta para o proxecto de reforma da PO-308 entre Samieira e Raxó. Como non se tivo en conta, foi o propio Concello o que instalou unha marquesiña propia para dar servizo á comunidade escolar

Ademais, os operarios municipais remataron hai uns días os traballos de instalación doutra parada na cuneta oposta. Unha actuación que resultou máis complexa dos previsto por dificultades á hora de ensamblar as pezas que obrigaron a contratar a unha empresa especializada. Por iso, instan o goberno autonómico que, se autorizan esta marquesiña, asuman eles os labores de instalación.

No lugar de Casalvito tamén se traballa na consecución de terreos que permitan instalar outro elemento destas características.