Poio súmase ao Día da Lingua de Signos con contacontos, charlas e talleres para todas as idades

Poio
10 de xuño 2021

A programación desenvolverase este venres 11 de xuño na Casa Rosada e a Concellería de Benestar Social e Mocidade lembra que aínda quedan prazas dispoñibles para tomar parte nas actividades

María Jesús Monterde, presidenta de Xoga
María Jesús Monterde, presidenta de Xoga /

Poio súmase este venres 11 de xuño á conmemoración do Día Internacional de Lingua de Signos, que se celebra en todo o mundo o 14 de xuño, cunha serie de actividades realizadas en colaboración entre o Concello e a Asociación de Diversidade Sensorial de Galicia (XOGA)

A programación desenvolverase na Casa Rosada e a Concellería de Benestar Social e Mocidade lembra que aínda quedan prazas dispoñibles para tomar parte nas actividades.

A programación está pensada para xente de todas as idades e, para poder tomar parte nestas citas, é preciso contactar coa Casa Rosada con antelación. Pódese facer chamando ao 986872401 ou enviando un correo electrónico a [email protected].

As persoas interesadas poderán visitar unha exposición aberta ao público chamada 'A Comunidade con Diversidade Sensorial' e tamén haberá un contacontos para crianzas de idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos, que se imparte a través de lingua de signos (18.00 horas).

Posteriormente, haberá unha charla coloquio: ‘A diversidade sensorial: conceptos, estereotipos e recursos’ e ás 20.15 horas dará comezo un obradoiro sobre lingua de signos para maiores de 16 anos