Poio volverá poñerse de loito polas mulleres que sofren violencia machista

Poio
06 de novembro 2019

Anímase a participar subindo ás redes sociais fotos, vídeos e calquera outro formato en que se recollan as reivindicacións para loitar contra a violencia sobre as mulleres. As etiquetas para trasladar estes contidos ás redes sociais son #EnnegrocontraAsViolencias e #Poioennegro

Presentación de 'Poio en negro' contra a violencia machista (arquivo)
Presentación de 'Poio en negro' contra a violencia machista (arquivo) / PontevedraViva

O municipio de Poio súmase por cuarto ano consecutivo á campaña de sensibilización con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. 102 concellos e tres deputacións de Galicia sumaranse ao lema 'En negro contra as violencias'.

O Centro de Información á Muller de Poio e a concellería de  Igualdade está en contacto con diversas asociacións, colectivos e empresas para que participen nas actividades previstas con motivo desta campaña. A iniciativa promove que se tinga de negro desde o 18 ata o 25 de novembro todos os servizos de atención ao público, comercio local, establecementos de hostalería e tamén vivendas particulares.

Ademais anímase a participar subindo ás redes sociais fotos, vídeos e calquera outro formato en que se recollan as reivindicacións para loitar contra a violencia sobre as mulleres. As etiquetas para trasladar estes contidos ás redes sociais son #EnnegrocontraAsViolencias e #Poioennegro

As persoas interesadas en participar poden contactar co CIM, con sede na Casa Rosada, a través de [email protected] ou no teléfono 986.872.401.