A Policía Local de Sanxenxo realizará tres controis diarios de alcol e drogas ao longo desta semana

Sanxenxo
15 de xullo 2025
Actualizado: 17:18

A súa presenza na condución, dependendo da súa taxa, multiplica entre dúas e 15 o risco de sufrir un accidente.

Control da Policía Local de Sanxenxo

A Policía Local de Sanxenxo adheriuse á campaña especial de vixilancia e control do consumo de alcol e outras drogas na condución que levará a cabo do longo desta semana a Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

Así, até o domingo realizaranse até tres controis diarios tanto nas vías interurbanas como nas urbanas co obxectivo de previr sinistros viarios provocados polo consumo de sustancias ou alcol, unha das principais causas de mortalidade na estrada.

A súa presenza na condución, dependendo da súa taxa, multiplica entre dúas e 15 o risco de sufrir un accidente.

A Estratexia Española de Seguridade Viaria 2030 identifica como unha área estratéxica a Tolerancia cero cos comportamentos de risco que identifica as condutas do consumo de alcol e outras drogas como condutas contrarias á seguridade viaria.

Desde a Policía Local pídese colaboración e que se extremen as precaucións na condución, evitando coller o vehículo se se consumiron alcol ou calquera outra sustancia que poida alterar a percepción da realidade e incremente o risco de accidentes.