En resposta ao oficio do Ministerio do Interior no que pide aos concellos maior protección nos lugares públicos nos que se dean aglomeracións tras os atentados de Niza ou Berlín, o Concello de Pontevedra trasladou aos axentes da Policía Local unha resolución pola que lles require que estean permanentemente localizables. A orde non sentou ben entre os axentes e os representantes de CC.OO. e UGT no Corpo critícana duramente por entender que supón unha "retirada de dereitos".
Os delegados de persoal Antonio Millares (CC.OO.) e José Moldes (UGT) denuncian a "utilización" dunha cuestión tan sensible como os atentados yihadistas pola concelleira de Protección Cidadá, Carme da Silva, a que asina a resolución.
A resolución non afecta os permisos xa concedidos nin ás quendas de traballo, pero si se pide aos policías permanente localizables para a súa incorporación inmediata ao servizo e que contesten calquera chamada que reciban da Xefatura da Policía Local para que se incorporen. En opinión dos sindicalistas, supón limitar os permisos, descansos e vacacións en exclusiva do colectivo da Policía Local.
Ademais, Millares e Moldes lémbranlle a Da Silva que España está en nivel 4 de aleta antiterrorista desde xuño de 2015 e que o Ministerio do Interior indicaba na súa última circular do 20 de decembro que era necesario que os concellos protexesen as zonas de alta concorrencia de persoas en espazos públicos, especialmente os días de Nadal, Noitevella e a tarde-noite do 5 de xaneiro pola Cabalgata de Reis e requiría "certa discreción" para evitar alertas innecesarias á cidadanía e para evitar a sensación de terror ou medo que é o que pretenden os terroristas.
No seu opinón, a concelleira incumple a debida discreción ao darlle publicidade a esta situación "para poder xustificar unha medida extraordinaria e sen precedentes" no Concello de Pontevedra "en contra dos dereitos do persoal".
En referencia ao conflito laboral que manteñen axentes da Policía Local e o Concello desde hai meses, conclúen que "ninguén fixo tanto dano á imaxe da Policía Local en tan pouco tempo como a señora Da Silva", pois desde que se iniciou este conflito "vén ofendendo, vexando e humillando a quen esta defendendo os seus dereitos laborais".