Varias rúas do ámbito da zona de San Roque de Abaixo cambian de dirección durante este mércores 20 de agosto. Desta forma, as rúas Ribeira do Peirao, marxe esquerda e dereita da desembocadura do Río dos Gafos, ven modificada a dirección que tiñan ata agora.
A marxe esquerda, dende San Roque a Ponte Novo, será de dirección única cara a Palamios, mentres que ata o momento tiña sentido único con saída en San Roque.
A marxe dereita, dende a Avenida de Marín ata Ponte Novo será de dirección única e de saída cara á Avenida de Marín, ata agora esta rúa tiña dobre dirección de entrada e de saída.
A rúa Palamios será de dirección única, dende San Roque con saída a Raíña Vitoria. O tráfico procedente de Rosalía de Castro será desviado cara a Raíña Vitoria, salvo servizos e garaxes. Nestes casos, permitirase a entrada dos vehículos cara á praza de Palamios.