Ponte Caldelas celebra baixo teito o seu Entroido de Inverno

Ponte Caldelas
06 de marzo 2019

A cuberto da chuvia. É o xeito no que Ponte Caldelas celebrou este martes o seu Entroido de Inverno. Unha gran festa de disfraces no local da discoteca foi a opción elixida. A festa, que comezou ás 18 horas e contou coa animación musical do grupo 3.com, prolongouse ata ben entrada a noite, mentres fóra caía un forte temporal

Entroido de Inverno en Ponte Caldelas
Entroido de Inverno en Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

A cuberto da chuvia. É o xeito no que Ponte Caldelas celebrou este martes o seu Entroido de Inverno. Unha gran festa de disfraces no local da discoteca foi a opción elixida.

A festa, que comezou ás 18 horas e contou coa animación musical do grupo 3.com, prolongouse ata ben entrada a noite, mentres fóra caía un forte temporal.

Xunto cun reparto gratuíto de filloas, o Concello repartiu bolsas de cotillón entre os asistentes.

A festa incluíu unha pasarela para os rapaces e rapazas que acudiron disfrazados e un photocall para que cada quen puidese levar un recordo do seu look. 

O goberno municipal valora moi satisfactoriamente o resultado deste evento que xa non depende das condicións meteorolóxicas e non queda suxeito aos habituais aprazamentos doutros anos.

Ponte Caldelas leva xa tres anos desdobrando o Entroido de Inverno, consistente nunha festa de disfraces, e o desfile, con verbena a continuación, que se celebra na terceira fin de semana de xuño.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en