Ponte Caldelas declara de "interese municipal" a Conservera Orbe rebaixándolle os impostos

Ponte Caldelas
25 de setembro 2014

Outorgará unha bonificación no Imposto sobre Construción, Instalacións e Obras (ICIO) dun 50% ante as posibilidades de empleabilidad que supón a súa implantación para o municipio

Pleno do concello de Ponte Caldelas
Pleno do concello de Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

A corporación municipal de Ponte Caldelas aprobou, cos votos a favor do PPdeG e BNG e a abstención do PSdeG-PSOE, a declaración de proxecto de interese municipal a construción da factoría conservera Orbe, S.A. no Parque Empresarial da Reigosa, que leva consigo un investimento duns 6 millóns de euros e supoñerá unha ocasión importante para favorecer as posibilidades de empleabilidad no municipio.

Así mesmo, a implantación desta factoría supoñerá a futura tributación de Orbe, S.A. en Ponte Caldelas por conceptos como o IAE ou o IBI.

Previamente a esta declaración, o alcalde, Perfecto Rodríguez, acaba de subscribir coa dirección da empresa un protocolo de colaboración en virtude do cal Orbe, S.A. mostra a súa disposición a facilitar a empregabilidade a parados censados neste municipio dentro das posibilidades e postos de traballo que poida xerar a empresa.

Así mesmo, a corporación municipal de Ponte Caldelas decidiu outorgarlle unha bonificación do 50% no Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) ao proxecto construtivo que levará a cabo Orbe no Parque Empresarial da Reigosa.

O alcalde de Ponte Caldelas prevé que a Xunta de Goberno de este venres outorgue xa a licenza de obras e de actividade co fin de axilizar ao máximo a posta en funcionamento desta factoría, prevista pola xerencia da empresa para o próximo verán.

CONTA XERAL

Por outra parte, o Pleno da corporación municipal aprobou cos votos a favor do PPdeG, a abstención do BNG e o voto en contra do representante socialista, a conta xeral do exercicio de 2013 para o seu posterior envío ao Consello de Contas, en tempo e prazo.

Dende o grupo municipal do PSOE destacaron que o presuposto municipal sufriu múltiples variacións durante o ano o que, ao seu xuízo "denota unha evidente improvisación e falta de rigor na súa elaboración así como na execución".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en