Ponte Caldelas estrea xardín na Praza Clotilde Fernández

Ponte Caldelas
28 de agosto 2020

A propia praza foi inaugurada recentemente en recoñecemento a Clotilde Fernández Orge

Xardín a carón da Praza Clotilde Fernández
Xardín a carón da Praza Clotilde Fernández / Concello Ponte Caldelas

O municipio de Ponte Caldelas dispón dun novo espazo axardinado na súa zona urbana. Está situado xunto á Praza Clotilde Fernández Orge, 'Mamá Clotilde', un emprazamento tamén recente xa que se inaugurou o pasado marzo, con motivo dos actos conmemorativos do Día  Internaciona da Muller.

Esta praza leva o nome a muller que en 1907 trouxo a luz eléctrica a Ponte Caldelas e que se pode considerar totalmente avanzada para o momento no que lle tocou vivir. Clotilde Fernández 'reinventou' a herdanza familiar de forma que utilizou a forza da auga de sete muíños xunto ao río Verdugo para o funcionamento dun serradoiro e como turbina para dotar de luz a Caldelas.

Dada a dependencia dunha figura masculina naquel momento, Fernández Orge, requiría do seu marido, o médico José Estévez, para dar viabilidade aos negocios que emprendía e dirixía. Un home co que tiveron dez fillos. A día de hoxe aínda se pode contemplar a casa indiana que construíu xunto a Verdugo en 1896.