Ponte Caldelas homenaxeará as súas avoas cun gran mural na vila

Ponte Caldelas
23 de novembro 2020

Esta intervención artística está proxectada para a medianeira do edificio San Martín, no lado da Praza Placeres Castellanos Pan que dá cara a Fonte do Chafarís. O goberno municipal manterá unha asemblea cos veciños do edificio San Martín, cando a situación epidemiolóxica o permita, para amosarlles o deseño

Mural proxectado en Ponte Caldelas
Mural proxectado en Ponte Caldelas

Unha avoa acompañada dun sacho e con dúas vacas. Así será o gran mural co que o Concello de Ponte Caldelas quere homenaxear a todas as mulleres rurais do municipio.

Esta intervención artística está proxectada para a medianeira do edificio San Martín, no lado da Praza Placeres Castellanos Pan que dá cara a Fonte do Chafarís.

O goberno municipal manterá unha asemblea cos veciños do edificio San Martín, cando a situación epidemiolóxica o permita, para amosarlles o proxecto que pagará o Concello. 

O alcalde, Andrés Díaz, destaca que as avoas "son unha figura entrañable e imprescindible nas nosas vidas" e con este mural buscan poñer en valor o seu carácter "rural, loitador, incansable e traballador a rabiar".