Ponte Caldelas incorpora a 24 persoas nas brigadas municipais

Ponte Caldelas
29 de outubro 2015

Baixo a supervisión dun técnico da Deputación, o Concello de Ponte Caldelas finalizou o proceso de selección do persoal que integrará a 24 personas nas brigadas de conservación, limpeza e mantemento de espazos públicos e reparación e mantemento de infraestruturas municipais, así como un carpinteiro para reparación e mantemento de mobiliario urbán de madeira, dentro do Plan de Emprego posto en marcha polo ente provincial para os meses de novembro e decembro deste ano

Traballo das brigadas municipais
Traballo das brigadas municipais

Baixo a supervisión dun técnico da Deputación, o Concello de Ponte Caldelas finalizou o proceso de selección do persoal que integrará a 24 personas nas brigadas de conservación, limpeza e mantemento de espazos públicos e reparación e mantemento de infraestruturas municipais, así como un carpinteiro para reparación e mantemento de mobiliario urbán de madeira, dentro do Plan de Emprego posto en marcha polo ente provincial para os meses de novembro e decembro deste ano.

O Plan de Emprego da Deputación é a única posibilidade que ten o Concello de Ponte Caldelas de poder contratar persoal xa que as restrictivas normativas aprobadas polo goberno central, dentro das novas directrices para a estabilidade presupuestaria fan imposible outra forma de ofertar postos de traballos por parte desta administración local.

O alcalde, Andrés Díaz, destacou o esforzo que realiza a Deputación neste capítulo non só pola oportunidade laboral que ofrece aos contratados en situación de desemprego senón tamén pola operatividade da que dota aos concellos pequenos para poder acometer un bo número de obras de limpeza, acondicionamiento, reparación e mantemento de infraestructuras municipais que, doutra forma non se poderían afrontar ante o limitado persoal de operarios municipais existente.

"Conseguimos que a nova Deputación contratara ao persoal por un periodo de 35 horas semanais o que permite que os traballadores pasen de cobrar algo máis de 400 euros, que percibían co plan anterior do Partido Popular, a un salario aceptable que supera os 700 euros netos", sinalou o alcalde de Ponte Caldelas.