Ponte Caldelas izará o 1 de xullo a bandeira azul na praia fluvial

Ponte Caldelas
12 de xuño 2018

Coa formalización dos contratos dos tres socorristas que pretarán servizo na zona recreativa, asegúrase manter a bandeira azul, distintivo que se izará o día 1 de xullo segundo avanzou en goberno local

Contratación de socorristas para a praia fluvial da Calzada
Contratación de socorristas para a praia fluvial da Calzada /

O Concello de Ponte Caldelas anunciou este martes a contratación de tres socorristas para cubrir durante o verán o servizo de vixilancia na praia da Calzada.

Os tres profesionais asinaron os seus contratos e outros tres aspirantes foron designados como suplentes por se se produce algunha incidencia ao longo da tempada de baño, tal e como ocorreu o pasado ano obrigando a retirar a bandeira azul.

Desta forma cúmprese un dos requisitos ineludibles para manter o distintivo de calidade na área recreativa, bandeira que segundo avanzou o goberno local izarase o domingo 1 de xullo de acordo coas disposicións remitidas por Adeac.

O Concello ampliou o período de contratación, que pasou de dous meses (xullo e agosto) a tres meses e os oito días de vacacións correspondentes (vixencia entre o 15 de xuño e o 22 de setembro). Ademais abonarase o salario do convenio de Instalacións Deportivas e Ximnasios de Galicia.