Ponte Caldelas non izará a bandeira azul da Calzada por falta de socorristas

Ponte Caldelas
23 de xullo 2023

A pesar dos intentos realizados polo Concello de Ponte Caldelas, a praia fluvial non atopou aos socorristas que necesitaba para vixiar permanentemente o areal durante a tempada de verán. Iso levou ao goberno municipal a tomar unha dolorosa decisión

Praia fluvial da Calzada
Praia fluvial da Calzada / Concello de Ponte Caldelas

A pesar dos intentos realizados polo Concello de Ponte Caldelas, a praia fluvial non atopou aos socorristas que necesitaba para vixiar permanentemente o areal durante a tempada de verán. Iso levou ao goberno municipal a tomar unha dolorosa decisión.

A bandeira azul concedida á praia da Calzada non será izada.

Así llo comunicou o alcalde, Andrés Díaz, á Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), o organismo que concede estes galardóns.

"Facémolo desde a humildade, a honestidade e o máximo respecto a esta bandeira" subliñou Díaz.

Ponte Caldelas só logrou atopar un socorrista para esta praia, a pesar das sete ofertas de emprego que fixo para cubrir as tres prazas necesarias para ofrecer este servizo.

A pesar deste revés, o alcalde lembra que esta praia goza de todos os servizos e a máxima calidade para gozar dela e avanza que o próximo ano volverán optar de novo a este distintivo ambiental para manter o prestixio deste areal.