Ponte Caldelas programa unha nova entrega de Capacitadas, un obradoiro de emprego para mulleres

Ponte Caldelas
17 de setembro 2021

O curso iniciarase en outubro e márcase como obxectivo lograr a inserción laboral da maior parte das participantes

Ponte Caldelas programa unha segunda edición do taller de emprego Capacitadas
Ponte Caldelas programa unha segunda edición do taller de emprego Capacitadas /

O Concello de Ponte Caldelas volve a lanzar o programa ‘Capacitadas’, un programa para activar o emprego entre as mulleres do municipio. É unha acción formativa gratuíta para que as mulleres de Ponte Caldelas se preparen para traballar como operarias de producción e loxística o obteñan o carné de manexo de carretillas elevadoras.

O ano pasado, oito das 15 mulleres participantes no curso ‘Capacitadas’ conseguiron un posto de traballo na mesma empresa na que realizaron as prácticas formativas non laborais, por iso dende o Concello de Ponte Caldelas aposta novamente por este formato que tivo moito éxito e que acadou uns resultados de inserción satisfactorios.

Esta segunda edición, conta con 170 horas de formación que se iniciarán en outubro. A parte teórico-práctica en aula serán 50 horas, o curso de manexo de carretillas elevadoras serán 18 horas e haberá 20 horas de empoderamento e asesoramento para a procura de emprego, pola súa parte, as prácticas non laborais en empresas desenvolveranse durante 80 horas.

As inscricións poden facerse Concello de Ponte Caldelas e hai que presentar a tarxeta de demandante de emprego, o dni e o currículum.