O programa de andainas 'Patea Tapea' organizado polo Concello de Ponte Caldelas estreouse este sábado con bo tempo e a asistencia de decenas de persoas.
Segundo informou o Concello, a estrea foi un percorrido de 12 quilómetros -acurtado a 6 ou 8 para os menos afeitos ao sendeirismo ou persoas que tiñan menos tempo-. Comezou nas inmediacións da igrexa de Santa Eulalia de Baia, pasou polo sendeiro de San Vicente, polo camiño de Roriz e Laxoso e, despois dunha tapa na taberna desta localidade, regresou ao centro de Ponte Caldelas utilizando o Sendeiro Azul.
Nesta primeira etapa, os sendeiristas tiveron ocasión de ir familiarizándose con todos os tramos dos Sendeiros en Rede (San Vicente, Tres Montes, Almiñas e Sendeiro Azul), que agora quedan completamente interconectados grazas ao deseño e sinalización do novo sendeiro dos Tres Montes.
O calendario que terá continuidade ao longo do ano, aproveitando as posibilidades que ofrecen as catro grandes rutas habilitadas en Ponte Caldelas.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.