Ponte Caldelas volve a estar pendente do lume por un incendio na Esfarrapada

Ponte Caldelas
12 de setembro 2013

O lume iniciouse minutos despois das 16:30 da tarde na parroquia de Anceu. Hai unha semana un incendio arrasou 600 hectáreas en Castro Barbudo

Ponte Caldelas volve a estar pendente do lume tras declararse un novo incendio forestal no municipio, esta vez no lugar da Esfarrapada, na parroquia de Anceu.

O lume iniciouse minutos despois das 16:30 horas, sendo declarado o nivel 1 de alerta ás 17:23 pola súa proximidade ás casas.

Segundo informa a Consellería de Medio Rural, esta alerta foi desactivada ás 18:10 horas e o incendio controlado as 19:30 horas.

As primeiras estimacións sitúan a superficie queimada en nove hectáreas, nas que se despregaron ata cinco brigadas, tres axentes forestais, tres motobombas, tres avións e un helicóptero. O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente enviou tres avións anfibios con capacidade de 5.500 litros procedentes das bases de Labacolla na Coruña e Matacán en Salamanca.

Hai unha semana as lapas arrasaron 600 hectáreas de monte arborado e raso en Ponte Caldelas no incendio declarado en Castro Barbudo.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en