Ponte Xogos organiza visitas á Oficina Postal de Papá Noel e os Reis Magos

Pontevedra
20 de decembro 2020

Dentro das actividades deseñadas no marco do programa de Nadal Ponte Xogos, a Concellería de Promoción Económica e a plataforma #PonteLovers acaban de abrir na Praza do Teucro unha Oficina Postal para remitirlles as cartas dos nenos de Pontevedra a Papá Noel e aos Reis Magos

Oficina Postal de Papá Noel e os Reis Magos
Oficina Postal de Papá Noel e os Reis Magos / Concello de Pontevedra

Dentro das actividades deseñadas no marco do programa de Nadal Ponte Xogos, a Concellería de Promoción Económica e a plataforma #PonteLovers acaban de abrir na Praza do Teucro unha Oficina Postal para remitirlles as cartas dos nenos de Pontevedra a Papá Noel e aos Reis Magos.

Os menores e as súas familias poderán deixar as súas cartas ás axudantes de Santa Claus e das súas maxestades de Oriente, que lles indicarán o día no que as súas familias poden pasar a recoller a resposta ou, se o prefiren, recibila a través de correo electrónico.

Tódalas respostas estarán personalizadas e cada carta recibirá contestacións concretas ás súas peticións.

A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, asegura que "esta actividade vai estar absolutamente controlada, evitando aglomeracións en todo momento".

Organizaranse visitas á Oficina Postal en dúas filas: unha para deixar a carta e outra para recoller a súa resposta. Haberá entre 4 e 5 axudantes (monitoras) de Papá Noel e os Reis Magos coordinando todo e xestionando as colas.

"Os colexios que así o desexen poderán levar as cartas dos seus alumnos durante as mañás do luns e do martes, inscribíndose previamente. O día e hora das visitas poderá concretarse no teléfono 670 89 23 07", explica Blanco.