O prezo medio dunha praza de garaxe na cidade de Pontevedra é de 22.793 euros, segundo o estudo "Variación acumulativa dos garaxes en España de 2023", elaborado por Fotocasa.
En toda Galicia de media as prazas de garaxe subiron un 5,5% no último ano situándose o seu custo medio en 14.410 euros.
A Boa Vila é a cidade máis cara de Galicia para comprar unha praza de garaxe, seguida de Ourense (cunha media de 20.144 euros), Vigo (19.787 euros), Santiago (18.537 euros), Sanxenxo (16.370 euros), A Coruña (16.337), Lugo (15.773) e Ferrol (13.929).
"O contexto macroeconómico de tipos altos de interese e consecuente endurecemento dos préstamos hipotecarios, dirixe a demanda de compra cara ás prazas de garaxe. Un activo con alta rendibilidade, moi seguro e cun investimento inicial moi reducida sen obrigar a solicitar crédito bancario", explica María Matos, directora de Estudos e portavoz de Fotocasa.
"En 2023 foi o produto estrela da demanda, por iso o prezo aumentou de maneira significativa recuperando os niveis de prezo mostrados antes da pandemia. É habitual que nun período de transformación como o sufrido no mercado dos inmobles e fronte a tempos de incerteza, aumente a demanda destes activos", asegura María Matos.