A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, presidiu, este venres na Subdelegación, unha reunión coas forzas e corpos de seguridade do Estado e Policía Autonómica para avaliar e incidir na coordinación en relación coas medidas de reforzo da seguridade aplicadas no actual nivel 4 de alerta.
No encontro estiveron presentes o tenente coronel da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, Manuel Touceda; o comisario xefe provincial da Policía Nacional, Manuel Bouzas; o comisario xefe da Policía Nacional de Vigo-Redondela, Manuel Teijeiro; o xefe da Unidade Adscrita do CNP da zona norte, José Manuel López; e o inspector da Unidade Adscrita do CNP da zona sur, Antonio José Torres.