Pontevedra apaga o Nadal

Pontevedra
07 de xaneiro 2013

O Nadal apagouse en Pontevedra. Ás 23.00 horas as luces, que se instalaron o pasado decembro deixaron de alumar. Técnicos da empresa Electro Miño desmontaban esta mañá o alumado navideño unha vez pasado o Día de Reis

O Nadal apagouse en Pontevedra. Ás 23.00 horas as luces, que se instalaron o pasado decembro deixaron de alumar.

Técnicos da empresa Electro Miño desmontaban esta mañá o alumado navideño unha vez pasado o Día de Reis.

Do mesmo xeito que eles, nos fogares pontevedreses, chega a ardua tarefa de recoller toda a decoración alusiva a esta data e gardala para o seguinte ano.

Pero non todo se pode gardar, por exemplo as árbores naturais.

O Concello, a través do programa Monte Vivo realiza esta semana a campaña "Arborízate" de recolleita de árbores de Nadal.

A iniciativa pretende fomentar a compra de árbores naturais como produto máis sostenible que as artificiais, e que permite a dinamización do sector.

A campaña farase os días 12 e 13 , sábado (mañá e tarde) e domingo (pola mañá), cunha plantación en dúas parcelas de monte vecinales: unha na parroquia de Santa María de Xeve, e outra en Salcedo.