Pontevedra aumentará ata o millón de euros o contrato de reparacións urbanas

Pontevedra
15 de abril 2019

O portavoz do goberno municipal, Raimundo González, explicou que este incremento débese a que, a partir de agora, estas reformas serán de maior calado. As obras non serán en puntos concretos das rúas que estean en mal estado, senón que se actuará por tramos

Obras de mantemento da rúa Oliva
Obras de mantemento da rúa Oliva / Mónica Patxot

Ata un millón de euros. É o aumento que experimentará o contrato de pequenas reparacións e melloras en espazos urbanos, que o Concello de Pontevedra sacará a licitación nas próximas semanas.

O portavoz do goberno municipal, Raimundo González, explicou que este incremento débese a que, a partir de agora, estas reformas serán de maior calado. As obras non serán en puntos concretos das rúas que estean en mal estado, senón que se actuará por tramos.

O obxectivo é alongar a vida útil das vías urbanas e reforzar as tarefas de conservación dos espazos públicos da cidade.

O contrato sairá a licitación por dous anos, a razón de 500.000 euros anuais.

NOVA FASE DAS ARI

O Concello aprobou tamén as novas bases reguladoras e a convocatoria da rehabilitación de edificios o centro histórico e Estribela, os coñecidos como ARI, que chegarán este ano á súa terceira e oitava fase respectivamente.

Os interesados en acceder a estas axudas deberán presentar as súas solicitudes no próximos tres meses. Prevese financiar 35 actuacións no centro histórico e 23 en Estribela.

Este plan, financiado a tres bandas por Concello, Xunta e Ministerio de Fomento, destinará 552.121 euros á zona vella pontevedresa e 112.499 euros ao barrio de Estribela.