Pontevedra "botou por fóra" nas Festas da Peregrina

Pontevedra
21 de agosto 2023

Nove días nas que Pontevedra "botou por fóra". Así transcorreron, segundo o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, unhas Festas da Peregrina "espectaculares" que xeraron un notable movemento económico e cultural na cidade

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra / Concello de Pontevedra

Nove días nas que Pontevedra "botou por fóra". Así transcorreron, segundo o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, unhas Festas da Peregrina "espectaculares" que xeraron un notable movemento económico e cultural na cidade. 

"Só fixo falta pasear polas rúas e as prazas a calquera hora para ver rúas cheas de xente para darse conta de tal asunto, tanto pola mañá, como pola tarde ou a noite", subliñou Fernández Lores, que celebrou que todo o verán pontevedrés funcionase ben.

O rexedor destacou especialmente a asistencia "masiva" a todos os concertos e todos os ciclos musicais que se foron sucedendo nos meses de xullo e agosto, que xeraron un retorno que se notou "en todos vos aspectos".

Así llo trasladaron tamén diversos hostaleiros cos que o alcalde quixo manter este luns unha rolda de contactos para contrastar impresións.

Desde o sector aseguran que, salvo unha "pequena eiva" relacionada coas eleccións xerais, que xeraron un efecto "negativo", no resto do verán e "especialmente" as Festas da Peregrina houbo unha ocupación de "case o 100% todos os días".

Os hostaleiros, segundo Fernández Lores, trasladáronlle que notaron que os turistas ampliaron o seu tempo de estancia na cidade, utilizando Pontevedra como "base" para desprazarse a outros puntos de Galicia e Portugal, regresando a pernoitar á cidade.

Tras as Festas da Peregrina, o verán pontevedrés continúa. O alcalde lembrou que o Concello está "traballando activamente" para que a Festa do Demo, a Feira Franca e "un pouco máis aló", a Gran Final das Series Mundiais, sigan esta mesma senda de éxito.