Pontevedra, capital mundial do encaixe de palillos

Pontevedra
26 de abril 2015

Máis de 1.000 palilleiras reuníronse este domingo no Recinto Feiral na última xornada do décimo encontro Cidade de Pontevedra organizado pola asociación A Fieitiña

Décimo encontro de palilleiras Cidade de Pontevedra
Décimo encontro de palilleiras Cidade de Pontevedra

O décimo encontro de palilleiras Cidade de Pontevedra pechouse este domingo coa súa xornada grande no Recinto Feiral.

Máis de 1.000 palilleiras puxéronse a traballar o encaixe de xeito simultáneo facendo gala dos seus diferentes estilos e rodeadas dunha grande expectación, convertendo á cidade de Lérez na capital mundial do encaixe de palillos, aínda que fose por un só día.

Estas xornadas, organizadas pola asociación A Fieitiña, arrancaron o pasado venres con diversas conferencias, que se prolongaron durante o sábado e ás que se sumaron varias exposicións, como a que mostra os dez anos de traballo da asociación pontevedresa.

Entre as mostras os asistentes puideron observar creacións de encaixe como un traxe de noiva de María Gualde ou pezas de roupa elaboradas con diferentes técnicas, como as contemporáneas nas que se baseaba a presente edición do encontro,

De feito o título elixido nesta ocasión foi 'Saíndo do armario: o encaixe contemporáneo non século XXI'.