Pontevedra concede licenza para un novo xeriátrico privado

Pontevedra
02 de agosto 2021

Se situará no barrio da Parda, concretamente na rúa Maruja Mallo. A empresa solicitante é Atirual Inmobiliaria SL, que comparte sede social en Madrid co grupo Orpea, de orixe francesa. O complexo deseñouse con capacidade para 150 persoas en 132 cuartos individuales e 18 dobres

Unha persoa maior coa súa coidadora
Unha persoa maior coa súa coidadora /

O Concello de Pontevedra concedeu este luns licencia de acondicionamento e instalación dun edificio destinado a residencia de maiores.

Segundo informou a portavoz municipal, Carme Da Silva, a Xunta de Goberno deu luz verde a este novo equipamento para a cidade que se situará no barrio da Parda, concretamente na rúa Maruja Mallo.

A empresa solicitante é Atirual Inmobiliaria SL, que comparte sede social en Madrid co grupo Orpea, de orixe francesa.

O complexo deseñouse con capacidade para 150 persoas en 132 cuartos individuales e 18 dobres. 

O proxecto tramitado por Atirual Inmobiliaria sitúase nunha parcela de 1.373 metros cadrados e terá unha superficie construída de 9.879 metros cadrados. Isto significa que será un edificio de baixo máis cinco plantas e baixo-cuberta.

Ademais o proxecto inclúe a dotación de 27 prazas de aparcamento e dúas prazas para motos.

O orzamento total para a construción desta residencia é de 6.210.000 euros, segundo os datos facilitados por Atirual Inmobiliaria.

Carme Da Silva expresou o seu desexo de que este novo equipamento privado únase á residencia pública que está pendente por parte da Xunta de Galicia nunha parcela cedida polo concello na Eiriña e que financiará a Fundación Amancio Ortega.