Pontevedra concéntrase o martes en repulsa polo crime machista de Diana Quer

Pontevedra
31 de decembro 2017

O Colectivo Feminista Pontevedra amosa a súa solidariedade coa familia e amizades da vítima e convoca aos pontevedreses a concentrarse este martes 2 de xaneiro ás 20.00 horas ante a Audiencia Provincial de Pontevedra

Concentración do Colectivo Feminista de Pontevedra ás portas do xuízo polo crime de Conchi
Concentración do Colectivo Feminista de Pontevedra ás portas do xuízo polo crime de Conchi / Mónica Patxot

O Colectivo Feminista Pontevedra convoca á cidadanía a unha concentración de repulsa ante o crime da moza de Madrid Diana Quer, desaparecida o 22 de agosto de 2016 mentres veraneaba en A Pobra do Caramiñal e cuxo cadáver foi localizado este domingo nunha nave de Rianxo despois da confesión do seu asasino confeso. 

Este colectivo mantén que o asasinato de Diana Quer constitúe o feminicidio número 98 deste ano en España se se teñen en conta a todas as vítimas de violencia machista rexistradas ao longo de 2017.

No caso da moza da localidade madrileña de Pozuelo de Alarcón, o veciño de Rianxo José Enrique Abuín, apodado 'El Chicle', confesou que a retivo á forza, levou a unha nave abandonada, tento violala e finalmente matouna, tirando despois a un pozo no que permaneceu o cadáver ata este domingo. 

Ademais, o colectivo feminista fai fincapé en que 'El Chicle' tentou secuestrar outra muller en Boiro o pasado 25 de decembro amenazándoa cun coitelo, así como roubarlle o móbil. Tal circunstancia confirma que se trata dun novo caso de violencia machista

Nun comunicado emitido este domingo, o colectivo pontevedrés amosa a súa solidariedade coa familia e amizades da vítima e convoca aos pontevedreses a concentrarse este martes 2 de xaneiro ás 20.00 horas ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.