Pontevedra conmemora, un ano máis, o Día da Muiñeira

Pontevedra
03 de xuño 2017

Preto de 600 persoas, principalmente nenos e nenas de Pontevedra, participaron na tradicional celebración de Día da Muiñeira, cuxo acto central tivo lugar na avenida Montero Ríos. Unha vintena de grupos de toda a provincia protagonizaron esta xornada de exaltación do baile tradicional galego, organizada pola asociación Duos Pontes e o Concello de Pontevedra

Día da Muiñeira en Pontevedra Mónica Patxot

Preto de 600 persoas, principalmente nenos e nenas de Pontevedra, participaron na tradicional celebración de Día da Muiñeira, cuxo acto central tivo lugar na avenida Montero Ríos.

Unha vintena de grupos de toda a provincia protagonizaron esta xornada de exaltación do baile tradicional galego, organizada pola asociación Duos Pontes e o Concello de Pontevedra.

Así, bailaríns de asociacións, colexios e grupos de Pontevedra celebraron unha exhibición de baile, interpretando diferentes pezas en función das súas idades.

O evento contou coa presenza do grupo Trébede do Morrazo como actuación estelar.

Media hora antes desta concentración, os grupos participantes protagonizaron un pasacalles desde a praza do Teucro, vestidos cos traxes tradicionais.