Pontevedra despide a súa Semana Santa coa procesión de Xesús Resucitado

Pontevedra
20 de abril 2014

A chuvia que ameazou boa parte da xornada respectou os festexos, cunha procesión con tres imaxes (dende San José, San Bartolomé e Santa María) que concluiu ante o santuario da Peregrina

Procesión do Domingo de Resurrección en Pontevedra
Procesión do Domingo de Resurrección en Pontevedra / Diego Torrado

A aparición da chuvia durante boa parte do Domingo de Pascua fixo temer a unha suspensión da última procesión da Semana Santa de Pontevedra, o Encontro do Resucitado coa súa nai a Virxe María.

Finalmente os pasos puideron saír á rúa con tres imaxes simultáneamente ata encontrarse todas ante o santuario da Peregrina.

Tras a finalización da misa das 19:00 horas, a imaxe da Nosa Señora do Amor Fermoso, acompañada da súa Confraría e representacións, partiu da Parroquia de San Xosé de Campolongo.

Ao mesmo tempo dende San Bartolomé saíu en procesión a imaxe do Resucitado, da Confraría da Veracruz, e dende Santa María a imaxe de San Xoán, acompañada da Confraría da Maior Dor.

Unha vez xuntos procedeuse a formar unha soa marcha que se recluíu na igrexa de San Xosé.

Con este acto clausurouse oficialmente unha Semana Santa na que se puideron celebrar todos os festexos previstos.