Pontevedra e a súa área rexistran 135 casos de covid en centros educativos pero só tres aulas pechadas

Pontevedra
03 de novembro 2020

O centro educativo que conta con máis casos activos é o CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús de Pontevedra con 8 casos. A continuación sitúase o CEIP Manuel Padín Truiteiro de Soutomaior (7 casos), IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra (6 casos) e IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra (5 casos)

Escolares con máscaras durante unha clase (arquivo)
Escolares con máscaras durante unha clase (arquivo) / Cloyne and District Historical Society

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de publicar os datos relativos aos casos de covid-19 nas escolas infantís e nos centros educativos da área de Pontevedra.

En data 3 de novembro, non hai escolas infantís nin centros de ensino non universitario totalmente pechados.

En canto a aulas pechadas, na área de Pontevedra rexístranse tan só 2, que se localizan nos seguintes centros: CEIP (Centro de educación infantil y primaria) Plurilingüe A Reigosa de Ponte Caldelas e IES (Instituto de Ensino Secundario) Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra.

O total de casos positivos en covid-19 elévase ata os 135. Chama a atención que todos os centros educativos e escolas infantís da área de Pontevedra contabilizan alomenos un caso activo.

A escola infantil do Campus de Pontevedra rexistra 2 casos, mentres que no resto das escolas dos máis pequenos contabilízase un único caso.

O maior número de positivos por covid atópase nos centros de ensino non universitario.

O centro que conta con máis casos activos é o CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús de Pontevedra con 8 casos. A continuación sitúase o CEIP Manuel Padín Truiteiro de Soutomaior (7 casos), IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra (6 casos) e IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra (5 casos).

Con catro casos sitúanse o CPR Plurilingüe San Fermín de Caldas de Reis, CEIP do Carballal de Marín, CEIP Rosalía de Castro do Grove, CIFP Carlos Oroza de Pontevedra e dous centros de Soutomaior (CPR Santiago Apóstol de Soutomaior e IES de Soutomaior).

Tres casos activos en covid rexístranse nos seguintes centros: IES Francisco Asorey de Cambados, CEIP de Tenorio en Cerdedo-Cotobade, CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei, CPR Plurilingüe San Narciso de Marín, IES A Xunqueira II de Pontevedra e IES A Basella de Vilanova de Arousa.

O resto dos centros educativos teñen entre un e dous casos activos.