Pontevedra estreará en decembro o seu propio evento 'gamer'

Pontevedra
10 de outubro 2021

O Pazo da Cultura será o escenario no que se desenvolva o que será o primeiro evento 'gamer' que se celebra en Pontevedra. Trátase de PING (PonteInGames), que se celebrará entre os días 2 e 4 de decembro, segundo avanza o Concello

Videoxogos Imaxe de Anthony Ashley en Pixabay

O Pazo da Cultura será o escenario no que se desenvolva o que será o primeiro evento 'gamer' que se celebra en Pontevedra. Trátase de PING (PonteInGames), que se celebrará entre os días 2 e 4 de decembro, segundo avanza o Concello.

Torneos, conferencias sobre videoxogos ou emisións en streaming conformarán o programa de actividades deseñado polos organizadores destas xornadas, a produtora Volvemos a Primera.

Con este evento, Pontevedra busca situarse como un referente galego dos videoxogos, apostando por unha cita ineludible para os numerosos amantes deste universo, que poderán competir en diversos xogos, escoitar a expertos e compartir experiencias.

A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, asegura que se trata dun evento "moi agardado" que tivo que demorarse ata que se desen as condicións axeitadas para celebrarse.

"PonteInGames é un deses proxectos que iniciamos sabendo que atraerá á cidade a moitísima xente do noso contorno e do resto de Galicia e do que agardamos que se consolide e creza noutras edicións, que de seguro as haberá", sinala a edil socialista.