Pontevedra expón a súa visión da mobilidade no congreso Move 2020 de Londres

Pontevedra
12 de febreiro 2020

A Boa Vila estivo presente no Move 2020, unha das maiores feiras de mobilidade celebradas no mundo e que pretende promover a reflexión sobre a necesidade de impulsar cambios e innovar en materias como o tráfico, a mobilidade, as infraestruturas ou a enerxía a nivel global

Intervención de Alberto Oubiña na feira Move 2020 de Londres
Intervención de Alberto Oubiña na feira Move 2020 de Londres / Concello de Pontevedra

A Boa Vila estivo presente no Move 2020, unha das maiores feiras de mobilidade celebradas no mundo e que pretende promover a reflexión sobre a necesidade de impulsar cambios e innovar en materias como o tráfico, a mobilidade, as infraestruturas ou a enerxía a nivel global.

O concelleiro Alberto Oubiña foi o encargado de representar a Pontevedra neste foro cunha palestra en inglés que levaba por título Cidades máis limpas, menos tráfico: probando a peonalización de Pontevedra.

Nela abordou o modelo de cidade e expuxo os retos de futuro do concello: o transporte a demanda, a compostaxe e a xestión responsable do medio ambiente. 

Aínda que nas intervencións do Move 2020 non están previstas preguntas aos conferenciantes, o concelleiro atendeu ao remate da súa intervención a varias persoas interesadas en Pontevedra e que amosaron, segundo o Concello, o seu interese en visitar a cidade.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora