Pontevedra incorpora 14 novos funcionarios ao persoal municipal

Pontevedra
16 de novembro 2020

Este luns tomaron posesión e mantiveron un encontro co alcalde e a concelleira de Persoal, Miguel Anxo Fernández Lores e Carme Fouces. Cinco traballadores corresponden á quenda libre (2 administrativos, 1 auxiliar, e 2 bombeiros) e 9 optaron á promoción interna (3 administrativos, 3 de auxiliares e 3 policías)

Toma de posesión dos novos funcionarios do Concello de Pontevedra
Toma de posesión dos novos funcionarios do Concello de Pontevedra / Mónica Patxot - Arquivo

O Concello de Pontevedra acaba de incorporar 14 novos traballadores ao seu cadro de persoal. Trátase de 14 funcionarios de carreira que este luns tomaron posesión e mantiveron un encontro co alcalde e a concelleira de Persoal, Miguel Anxo Fernández Lores e Carme Fouces

Cinco traballadores corresponden á quenda libre (2 administrativos, 1 auxiliar, e 2 bombeiros) e 9 optaron á promoción interna (3 administrativos, 3 de auxiliares e 3 policías).

Coa súa incorporación, tal e como destacou a voceiro do Goberno local, Anabel Gulías, finaliza o proceso de modernización da administración local, pois para a modernización son importantes as novas tecnoloxías e tamén uns recursos humanos preparados que contribúan a dar un servizo público moderno e de calidade

Este proceso púxose en marcha meses atrás e implica reforzar servizos que coa pandemia da covid-19 están a ter máis carga de traballo. É o caso da Policía Local e os Bombeiros. 

Segundo indicou o Concello a través dun comunicado, Miguel Anxo Fernández Lores fixo referencia á responsabilidade que neste momento supón ser funcionario asegurando que "é necesario un esforzo para dar resposta ás necesidades que nos demanda a sociedade".

Este proceso de reforzo do persoal municipal vivirá unha nova fase no primeiro semestre de 2021, coa incorporación de máis persoal ata completar o cadro pendente.