Este luns 4 de maio, comezou a fase 0. Na cidade do Lérez púidose apreciar que moi poucos establecementos aproveitaron o levantamento de restricións para renovar a actividade comercial salvo os salóns de peiteados e algúns servizos moi puntuais con cita previa como clínicas dentais e de fisioterapia.
Os propietarios dalgunhas tendas aproveitaron para, sen abrir ao público, facer limpezas e preparativos para a apertura parcial dentro dunha semana ou para rematar vendas por internet.
Apenas tivo incidencia a apertura de locais de hostalería para servir comida para levar.
Nas rúas viuse como o uso de máscaras que cubran nariz e boca é xeneralizado, máis aló dos usuarios do transporte público para quen é obrigatorio.
A diferenza da pasadas semana a rúas da Boa Vila rexistraron máis ambiente con máis xente paseando e colas nas portas dos bancos.