Pontevedra, no debate de mobilidade sustentable do xornal portugués Público

Pontevedra
30 de outubro 2018

Foi a concelleira de Promoción da cidade, Anabel Gulías, a que participou na xornada titulada Open Day Mobilidade Sustentável: Transição para as Cidades do Futuro, na que se expuxo o reto das cidades do futuro e a necesidade de deixarse de teorías e pasar á práctica

Anabel Gulías no debate de mobilidade sustentable celebrado en Lisboa PontevedraViva

A cidade de Pontevedra foi convidada polo xornal portugués Público a participar nun debate sobre mobilidade sustentable que se celebrou este martes en Lisboa.

Foi a concelleira de Promoción da cidade, Anabel Gulías, a que participou na xornada titulada Open Day Mobilidade Sustentável: Transição para as Cidades do Futuro, na que se expuxo o reto das cidades do futuro e a necesidade de deixarse de teorías e pasar á práctica.

A edil pontevedresa fixo unha exposición na que explicou as transformacións vividas en Pontevedra nos últimos 19 anos.

Os asistentes, maiormente xornalistas, profesores, responsables de proxectos de investigación e traballadores públicos, interesáronse por como se pode compatibilizar o modelo de cidade cos diferentes ciclos políticos e tamén cal foi o papel que desenvolveron os funcionarios públicos en todo este proceso.