Pontevedra "non se pode permitir", segundo o PP, a imaxe de ratas pola cidade

Pontevedra
31 de xullo 2020

A aparición de ratas no barrio de Campolongo levou ao Partido Popular a alertar sobre a proliferación destes roedores por espazos públicos da cidade, unha imaxe que Pontevedra, segundo os populares, "non se pode permitir"

Rata avistada polo PP en Campolongo
Rata avistada polo PP en Campolongo / Partido Popular de Pontevedra

A aparición de ratas no barrio de Campolongo levou ao Partido Popular a alertar sobre a proliferación destes roedores por espazos públicos da cidade, unha imaxe que Pontevedra, segundo os populares, "non se pode permitir".

O portavoz do PP, Rafa Domínguez, denunciou que esta situación demostra o "descoido" que está a experimentar o servizo de limpeza e recollida de lixo en Pontevedra, sobre todo ante o impulso do sistema de compostaxe,

"Estamos preocupados pola proximidade das ratas ao colexio de Campolongo", sinala Domínguez, que lembra que estes animais son transmisores de diferentes enfermidades "o que agrava a situación.

Ante o "alarmante deixamento" que aprecia no goberno municipal, o líder do PP pontevedrés lamentou que haxa contedores "rebosantes" no centro histórico e aumente o número de ratas mentres que o Concello "só está preocupado en poñer composteiros".

"Necesitamos unha Pontevedra máis limpa, cun plan de desratización de choque e cunha recollida de lixo á altura do que merece esta cidade", asegura Domínguez, que subliña que Pontevedra "segue á cola" en canto á reciclaxe de papel ou envases.