Pontevedra pecha a campaña "As compras na túa vila teñen premio" sorteando 4.000 euros en premios

Pontevedra
27 de setembro 2014

A iniciativa da Federación Galega de Comercio e as asociacións CCU Zona Monumental e Aempe celebrou a súa xornada final cunha serie de actividades na cidade de Lérez

Sorteo da campaña "As compras na túa vila teñen premio"
Sorteo da campaña "As compras na túa vila teñen premio" / Federación Galega de Comercio

A campaña "As compras na túa vila teñen premio" pechouse en Pontevedra este venres cunha serie de actividades e actuacións para nenos dende primeira hora da tarde no centro da cidade.

A iniciativa promovida pola Federación Galega de Comercio e as asociaciónes CCU Zona Monumental e Aempe repartiu ademais 4.000 euros en premios nun sorteo que puxo punto e final á xornada.

Entre o 15 e 26 de setembro comerciantes e consumidores participaron da campaña, que rexistrou 24.800 boletos na urna habilitada para o sorteo.

Os premios repartíronse en cinco tarxetas regalo de 300 euros e 25 tarxetas regalo de 100 euros.