Pontevedra presumirá de vida no Culturgal

Pontevedra
28 de novembro 2013

O video resume, nunha produción de 10 minutos realizada polo gabinete de comunicación municipal, os distintos aspectos da cultura urbana, desde a literatura, as artes plásticas, a industria editorial, a música e outros elementos que reafirman cada día a capital como xeradora de cultura

Pontevedra é vida. ÿ o nome do vídeo sobre a cidade que protagonizará o stand que o Concello de Pontevedra terá no Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia, que se celebra esta fin de semana no Recinto Feiral.

O video resume, nunha produción de 10 minutos realizada polo gabinete de comunicación municipal, os distintos aspectos da cultura urbana, desde a literatura, as artes plásticas, a industria editorial, a música e outros elementos que reavivan cada día a capital como xeradora de cultura.

A peza estará proxectándose sen pausa durante os tres días que dura a feira, no interior dun recinto protagonizado pola madeira.