Este venres día 31 comezará unha nova edición da Global Game Jam, un evento dirixido a todas as persoas amantes dos videoxogos e que queiran afondar no método que se utiliza á hora de crear un.
A Global Game Jam, que leva dez anos realizándose, conta con máis de 50.000 participantes repartidos en varias cidades de España e de todo o mundo. Con todo, nunca se celebrou en Galicia e será Pontevedra a primeira cidade galega en acollela.
O evento durará toda a fin de semana. Dará comezo o venres ás 17:00 horas cando a organización desvele o tema sobre o que se vai a traballar, e rematará o domingo ás 18:00 horas. Todas as persoas participantes, que deberán inscribirse previamente na páxina web, estarán a desenvolver os seus proxectos na Casa Azul.
Os participantes posúen perfís moi variados, desde programadores de videoxogos ou modeladores 3d ata persoas ás que simplemente lle gustan os videoxogos. A entrada será completamente gratuíta, polo que os únicos requisitos para participar serán a inscrición previa na páxina web e ser maior de idade
En canto ao funcionamento do evento, comezará coa formación de grupos e a revelación do tema sobre o que se vai a traballar. Posteriormente cada grupo pasará a traballar sobre un prototipo que elaborarán eles mesmos. O traballo final ten a oportunidade de publicarse como un videoxogo. No caso de que non o consigan, o traballo non se perde senón que se utiliza como semente para futuros proxectos.
Evelio Sánchez, organizador do evento en Pontevedra, fala sobre a súa previsión e considera un éxito que o evento se celebre por primeira vez en Pontevedra, e engade que case teñen cubertas as 30 prazas que ofertan na páxina web. Tamén aproveitou para agradecer ao concello pola oportunidade de celebrar o evento e á asociación gamer Gaming Troop polo apoio recibido.
Para todas as persoas que estean interesadas no evento poden obter máis información na páxina web, no sea twitter ou no seu facebook