Pontevedra, primeira visita oficial de Maica Larriba como subdelegada do Goberno

Pontevedra
24 de xullo 2018

Maica Larriba elixiu o concello de Pontevedra para protagonizar a súa primeira visita oficial como subdelegada do Goberno na provincia. Así, este martes foi recibida polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, co que Larriba coincidiu no seu día como concelleira da corporación pontevedresa

Encontro entre Miguel Anxo Fernández Lores e Maica Larriba
Encontro entre Miguel Anxo Fernández Lores e Maica Larriba / Mónica Patxot

Maica Larriba elixiu o concello de Pontevedra para protagonizar a súa primeira visita oficial como subdelegada do Goberno na provincia. 

Así, este martes foi recibida polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, co que Larriba coincidiu no seu día como concelleira da corporación pontevedresa.

Tratouse dunha visita protocolaria, para presentarse tras a súa incorporación ao cargo.

Ambos os dirixentes aseguraron que tratarán de coordinarse o máximo posible en temas de seguridade cidadá e, a este respecto, avanzaron que ao longo do verán buscarase data para un novo encontro, este xa de traballo.

Será coa celebración dunha xunta local de seguridade para avanzar na coordinación da Policía Local e as demais forzas e corpos de seguridade do Estado.

VISITA DO NOVO DIRECTOR DA ESCOLA NAVAL

Fernández Lores tamén recibiu no seu despacho ao novo comandante director da Escola Naval de Marín, Ignacio Cuartero, que acaba de incorporarse ao centro militar.

Cuartero tamén visitou este martes a Deputación de Pontevedra, onde foi recibido pola súa presidenta, Carmela Silva. Ambos mostráronse orgullosos da evolución da Escola Naval de Marín e o seu compromiso coa sociedade civil da provincia.