Pontevedra propón unha planta provincial de compostaxe de 5,7 millóns

Pontevedra
05 de febreiro 2013

O concelleiro de Infraestruturas de Pontevedra e voceiro do grupo do BNG na Deputación, César Mosquera, ven de presentar dous estudos de viabilidade da planta de compostaxe de residuos sólidos orgánicos que propoñen os nacionalistas para mellorar o plan provincial de lixos. Ambos con idénticas conclusións, entre outras, que o custo por tonelada é 20 euros máis barato que o de Sogama, que é de 60 euros

Planta de compostaxe e reciclaxe
Planta de compostaxe e reciclaxe

O concelleiro de Infraestruturas de Pontevedra e voceiro do grupo do BNG na Deputación, César Mosquera, ven de presentar dous estudos de viabilidade da planta de compostaxe de residuos sólidos orgánicos que propoñen os nacionalistas para mellorar o plan provincial de lixos.

Atendendo á solicitude formulada polo Partido Popular na comisión tripartita que avanza na creación do futuro consorcio, o BNG presentou estes dous estudos, un redactado por unha consultora privada e o outro elaborado polos técnicos municipais.

O custo por tonelada é 20 euros máis barato que o de Sogama

Ambos con idénticas conclusións, entre outras, que o custo por tonelada é 20 euros máis barato que o de Sogama, que é de 60 euros.

Aínda que a cifra máis rechamante corresponde ao custo da instalación que se eleva ata os 5,7 millóns de euros.

"Para que a planta sexa viable necesítanse un mínimo de 20.000 toneladas de residuos orgánicos, ademais de 2.000 de lodos procedentes de depuradoras e 5.000 de restos forestales", explicou Mosquera.

O estudo da consultora propón que as casas do rural conten con composteros individuais.

O que non detalla ningún dos dous estudos "sería decisión da Deputación" é a posible ubicación da planta. César Mosquera insistiu en que esta instalación non debería xerar alarma social xa que non ten a mesma incidencia que unha incineradora ou unha empacadora ou planta de transferencia.