O Festival do Valor Público de Lisboa outorgará un recoñecemento a Pontevedra.
Até a capital lusa viaxará o alcalde da Boa Vila, Miguel Anxo Fernández Lores, para recibir a 'Chave do valor público' que será entregada por primeira vez no congreso.
O acto de entrega está previsto para o vindeiro martes 27 de maio ás 10.15 horas.
Xusto despois Lores participará nunha sesión de debate co título 'Imaxinando cidades para o ben común' no que compartirá experiencias xunto a representantes das cidades de Anveres (Bélxica) e Leipzig (Alemaña).
Na axenda do alcalde figura tamén un encontro previsto o luns 26 con Carlos Moreno, un famoso urbanista franco-colombiano co que xa coincidiu entre outros relatorios e entrevistas internacionais.
MEDALLA DO COMITÉ OLÍMPICO ESPAÑOL
Desde Lisboa o rexedor da capital dirixirase a Madrid, onde o mércores 28 de maio Pontevedra recibirá a Medalla Olímpica do Comité Olímpico Español (COE).
Trátase dun recoñecemento que o COE outorga á Boa Vila pola súa contribución ao mundo do deporte, e en especial polo apoio ás federacións de tríatlon e natación.
O acto celebrarase na sede do Comité Olímpico Española ás 13.00 horas, e no mesmo o alcalde estará acompañado polo xefe do Servizo Municipal de Deportes de Pontevedra, Jaime Agulló.