Pontevedra recorrerá á auga do Pontillón durante un tempo debido ás obras de Acuaes

Pontevedra
10 de outubro 2014

César Mosquera explicou que se trata dunha cuestión meramente técnica e que non terá repercusión algunha nos fogares, como cada vez que se capta de Pontillón. De todos os xeitos, o Concello de Pontevedra informará previamente cando se produza esta  situación

Encoro do Pontillón do Castro
Encoro do Pontillón do Castro

O Pontillón do Castro servirá auga a Pontevedra en próximos días. ÿ unha medida obrigada polas obras que está facendo Acuaes no marco do proxecto do novo abastecemento de auga potable aos concellos da ría de Pontevedra. Nalgún momento será preciso parar a  captación da actual estación de bombeo, polo que haberá un tempo no que se  servirá auga directamente do encoro.

César Mosquera explicou que se trata dunha cuestión meramente técnica e que non terá repercusión algunha nos fogares, como cada vez que se capta de Pontillón. De todos os xeitos, o Concello de Pontevedra informará previamente cando se produza esta  situación.

Sobre as obras, os técnicos municipais e os de Acuaes confirman que na marxe dereita da ría (Sanxenxo-Poio-Pontevedra) "están moi avanzadas". Xa está rematado o paso baixo o río Lérez, a ampliación da potabilizadora, a construción do novo depósito de Mourente e practicamente concluída a conexión con Pontillón.

O concelleiro de Infraestruturas explicou que as obras da marxe dereita da ría "saíron adiante sen grandes problemas", tendo en conta que se tratan de proxectos dunha grande envergadura "e estas obras sempre teñen a súa complicación".