Ao longo deste martes espérase que España recupere completamente a normalidade despois de vivir o maior apagón da súa historia.
En Pontevedra a subministración eléctrica , dependendo das zonas recuperouse entre as 01:15 horas e as 4:38 horas desta madrugada.
Foi algo progresivo pois algúns puntos do municipio xa tiñan suministro desde unhas horas antes.
Na Boa Vila foron ata 16 horas de apagón, xa que o corte se iniciou ás 12:32 do mediodía do luns cando se produciu un colapso en toda a rede peninsular debido a "unha oscilación moi forte dos fluxos de potencia", segundo a explicación de Rede Eléctrica.
Estas mesmas fontes informaban as cinco da mañá, pouco despois de volver a luz na Boa Vila, que recuperaran o 92 % da demanda peninsular.
Nova información. Ás 05:00h⬇️
— Rede Eléctrica (
✅Recuperado o 92,09% da demanda peninsular (18.563 MW).
➡️Energizadas o 100% das subestacións da rede de transporte.
Seguimos traballando na reposición da subministración.RedElectricaREE) April 29, 2025
Con todo aínda quedan por solucionar múltiples problemas, entre outros, aínda non se restableceu a conexión ferroviaria con Madrid.
Renfe informa de que os viaxeiros afectados poderán solicitar a devolución e cambio sen custo nas súas canles de venda. Quen desexen realizar a viaxe poden presentarse nas estacións para ser situados nas prazas dispoñibles.
Non se pode iniciar o servizo con normalidade as conexións de Madrid con:
— InfoRenfe (
-Santander
-Huelva
-Badaxoz
-Cádiz
-Málaga
-Granada
-Alxeciras
-Galicia desde Sanabria
-Asturias
-Salamanca
-LogroñoInforenfe) April 29, 2025
No que respecta a as causas, o presidente explicou que, segundo comunican os técnicos de Rede Eléctrica, ás 12:33, 15 xigavatios de xeración -o que equivale aproximadamente ao 60% da demanda do país nese momento- perdéronse súbitamente do sistema, e fixérono en apenas 5 segundos, algo que "non ocorrera xamais".
"Que provocou esta desaparición súbita de subministración é algo que os especialistas aínda non puideron determinar, pero farano", sinalou Pedro Sánchez, que engadiu que "as institucións do Estado competentes e todos os operadores privados están a traballar de forma coordinada para comprender que pasou" e "estanse analizando todas as causas potenciais, sen descartar ningunha hipótese, ningunha posibilidade".
Así mesmo, o presidente destacou que a situación nas rúas "segue sendo de recuperación da normalidade" e "ata este momento, non se reportou ningunha afectación de protección civil".
En todo caso, o goberno despregou servizos adicionais de policía e garda civil por todo o país para reforzar a seguridade durante a noite.
"Os cidadáns poden e deben estar tranquilos. España é un país seguro e responsable que saca o mellor de si mesmo en situacións como estas", dixo.
Pedro Sánchez explicou que "o problema principal está nos trens" e que Renfe, Adif e a UME auxiliaron xa a uns 35.000 pasaxeiros atrapados en máis dun centenar de trens. O obxectivo é recuperar a mobilidade en proximidades canto antes, e media e longa distancia ao longo de mañá.
Aínda que actualmente non hai sinal algunha de desabastecemento, o presidente anunciou que este martes o Consello de Ministros aprobará un acordo con carácter preventivo para liberar 3 días de reservas estratéxicas de produtos petrolíferos.
Respecto a que facer este martes, Pedro Sánchez recomendou aos trabadores que "prioricen a súa seguridade" e que "aqueles non esenciais que teñan dificultades para desprazarse aos seus lugares de traballo ou que recibisen dos seus empregadores a instrución de quedarse na casa, que o fagan".
En canto aos estudantes, o Goberno pídelles que sigan as instrucións dos seus gobernos autonómicos, e sinalou que nas oito CCAA onde se estableceu o nivel 3 de emerxencias: Andalucía, Castela-A Mancha, Estremadura, Galicia, A Rioxa, Madrid, Murcia e Comunidade Valenciana, os centros educativos permanecerán abertos, pero sen actividade lectiva.