Pontevedra redobra a aposta pola final do Mundial: haberá dúas pantallas xigantes na Alameda

Pontevedra
18 de xullo 2026

A Deputación de Pontevedra instalará unha segunda pantalla xigante na Alameda para seguir a final do Mundial entre España e Arxentina. Poio tamén proxectará o partido na Praza da Chousa

Pantalla xigante en Poio para ver o Mundial femenino
Pantalla xigante en Poio para ver o Mundial femenino / Concello de Poio

Non unha, senón dúas. A final do Mundial entre España e Arxentina poderase seguir na Alameda de Pontevedra en dúas pantallas.

Así o anunciou este sábado a Deputación de Pontevedra, que optou por engadir unha segunda pantalla para ofrecer aos espectadores unha "mellor experiencia".

Con esta medida, os responsables provinciais queren ademais reducir ao máximo os problemas de visión que poidan provocar as árbores nalgúns puntos do recinto.

Este segundo dispositivo terá, en todo caso, unhas dimensións menores que o principal.

A elevada afluencia de persoas que se estima que seguirán o partido na Alameda, entre elas xente de todas as idades, motiva tamén esta duplicidade.

HABERÁ PANTALLA EN POIO

Nas últimas horas, ademais, Poio confirmou que tamén contará cunha pantalla para poder o partido en directo. Será na Praza da Chousa.

Será cunha das máis grandes de Galicia, destacan desde o Concello, xa que terá máis de 40 metros cadrados e permitirá que veciños e visitantes gocen do encontro nun ambiente festivo.

A iniciativa está promovida pola comisión de festas de Combarro, coincidindo coa celebración das Festas do Carme, e conta coa colaboración da Orquestra La Oca e do propio Concello de Poio.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora