Pontevedra renovará a súa cartografía catastral

Pontevedra
01 de maio 2017

O goberno local manexa un orzamento de 134.915 euros e un prazo de execución será de catro meses para que unha empresa externa elabore estes traballos. A actual cartografía foi elaborada no ano 2004 pola empresa Altais con motivo da redación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)

Vista aérea da cidade de Pontevedra
Vista aérea da cidade de Pontevedra /

O Concello de Pontevedra necesita saber con exactitude o parque de edificios de todo o municipio, polo que iniciou os trámites para renovar a súa cartografía catastral.

O goberno local manexa un orzamento de 134.915 euros e un prazo de execución será de catro meses para que unha empresa externa elabore estes traballos.

A actual cartografía foi elaborada no ano 2004 pola empresa Altais con motivo da redación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Está previsto que o Concello adxudique este mapeo nos próximos días.

Ademais das fotografías aéreas os adxudicatarios terá que cotexar os resultados sobre o terreo para dispoñer de información exacta da situación de todos os inmobles, leiras e demais elementos do territorio.