Pontevedra, Sanxenxo e Armenteira renovan as distincións Q de Calidade Turística

Pontevedra
22 de xaneiro 2016

O Instituto para a Calidade Turística Española entregou os premios Q 2015 nunha gala celebrada no marco de FITUR

Entrega dos distintivos Q de Calidade Turística
Entrega dos distintivos Q de Calidade Turística /

As oficinas de turismo do Palacete das Mendoza, en Pontevedra, do Mosteiro de Armenteira, en Meis, e a Oficina de Turismo municipal do Porto Deportivo Juan Carlos I recibiron o distintivo Q de Calidade Turística, durante a gala de premios que se celebrou na noite do 21 de xaneiro no marco da feira FITUR.

A distinción supón un recoñecemento á calidade dos servizos prestados.

No caso da oficina do Porto Deportivo, trátase da primeira Q de Calidade Turística en oficinas de turismo xestionada por un concello galego e súmase ás nove praias que conseguiron este verán dita distinción no municipio.

O presidente do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), Miguel Mirones Díez, fixo entrega en Madrid dos Premios Q 2015, que recoñecen anualmente aquelas empresas e institucións que apostan pola calidade turística.

Os puntos de información de Turismo Rías Baixas recibiron por primeira vez a Q de Calidade no ano 2015, de xeito que se converteron nas primeiras oficinas turísticas de Galicia en alcanzar a distinción. Para lograrlo, superaron unha estrita auditoría que valorou a calidade das instalacións, o servizo de atención e de acollida ao turista e a continua mellora dos medios técnicos e humanos.